Axou सार्वजनिक
[search 0]
अधिक
Download the App!
show episodes
 
Artwork

1
axouxere

anxogal

Unsubscribe
Unsubscribe
मासिक
 
O falangullo axóuxere é o programa semanal dirixido por Silvia Tuñas Añón e Anxo Núñez Fernández no que falaremos das últimas novas, debatiremos e escoitaremos moitas sensibilidades diferentes dende un punto de vista moi propio. O programa conta xa con 4 tempadas repletas de contido e de momentos históricos cheos de emoción e significado. Non planeamos un fin para o proxecto e tampouco o realizamos con ánimo de lucro, se non como unha aposta por ofrecer unha alternativa informativa e de deba ...
  continue reading
 
Loading …
show series
 
No programa de hoxe, Silvia Tuñas Añon e Anxo Núñez Fernández, dan comezo á tempada número 5 con todas as novas de actualidade ás que estamos acostumados e tamén desenvolven a xa tradicional sección de improvisación plena "A Toada".
  continue reading
 
No programa de hoxe falaremos das ultimas noticias como é habitual. Destacamos: as brigadas de deseucaliptización, o deputado do BNG Luis Bará racha unha imaxe do rei no parlamento galego, promocionan a Feijoó como posíbel sustituto de Rajoy no estado español, unha rapaza dos CDR é detida acusandona de "terrorismo". Na outra metade do programa goza…
  continue reading
 
Hoxe comezamos cunha sección de titulares e comentarios extra-rápidos. Seguimos coa clásica sección de actualidade no axóuxere con temas como: A novela de En Marea, os soldos de Feijoó e Rajoy, adoctrinamento na xuventude, a moción de censura en Fene e moito máis! Rematamos co caderno de bitácoras.
  continue reading
 
No programa de hoxe Silvia e Anxo falan dos ultimos temas de actualidade e traennos as seccións habituais do programa. En actualidade destacamos a deputada vándala de En Marea, a falsificación das notas de Cifuentes, o asasinato político no Brasil e o primeiro atropelo dun coche autónomo. Tamén contamos coa recente sección "Ponme a proba" e coa imp…
  continue reading
 
No programa de hoxe Silvia e Anxo falan dos conflictos en Lavapies, da Morte de Stephen Hawking, da malaeducación do noso presidente, do rei e dos eucaliptos na UE. Tamén estreamos nova sección "Ponme a proba" na que realizamos un par de tests con resultados absurdos e rematamos coa improvisación da Toada.…
  continue reading
 
No programa de hoxe falamos dos temas candentes de actualidade, coma é habitual e rematamos coa Toada. Na actualidade destacamos: Eurovisión is coming, os galardóns do audiovisual galego Mestre Mateo 2018, a data histórica da folga de mulleres e unha sorpresa propia. Na toada tamén falamos da curiosa historia do cura contrabandista galego.…
  continue reading
 
No programa de hoxe Silvia e Anxo falan dos últimos temas de actualidade. Podemos destacar a crecente represividade do estado, a letra que propón Marta Sánchez para o himno do Reino Español, a tensión con Puigdemont e o éxito dos Bolechas en Portugal. Na sección final improvisamos, coma sempre, na Toada.…
  continue reading
 
No programa de hoxe Silvia e Anxo falan das últimas novidades na política galega e que están a ser obxecto de mofa nas redes sociais. Nas novas de actualidade temos a Agustín Hernández chimpando lixo no Sar, a Villares decindo que Galiza é un "estado de ánimo", un gasto absurdo en curas no SERGAS e a querencia do PP por impor o castelán. Na segunda…
  continue reading
 
No programa de hoxe falamos, coma sempre, dos temas de actualidade: Holanda propón aceptar os insultos ao seu monarca, Emilio Cao, un futuro filme sobre a vida de Marcela e Elisa, o voó do Falcon Heavy, a prisión permanente e a sanidade pública. Para rematar temos unha paroia tranquila e relaxante con Andrea sobre varios filmes.…
  continue reading
 
No programa 33 estreamos a nosa cuarta tempada. 2 Anos ao teu carón facendo posíbel unha ollada diferente a actualidade na nosa lingua e dispoñíbel para todas e todos, axóuxere segue a medrar e nada nos vai frear! ;)
  continue reading
 
No programa de hoxe falamos das polémicas declaracións do deputado do PP Carlos López Crespo, do rapeiro de La Insurgencia condeado á carcere e de como Trump provoca máis conflicto en Palestina. Temos o enorme orgullo de poder entrevistar a Alex Millet e facemos un especial de A Toada sobre o Nadal con Alba Calo.…
  continue reading
 
No programa de hoxe Silvia e Anxo falan dos últimos temas de actualidade: A comunidade gitana galega premia á garda civil pola sua labor en catalunya e por defender "españa", un xeneral bosniocroata suicidase con veleno na lectura da sua sentencia por crimes de guerra, as persoas trans xa non terán que xustificar enfermidade para mudar de identidad…
  continue reading
 
Hoxe comezamos a Actualidade no axóuxere falando da explotación que exerce Zara sobre os seus traballadores, o momento no que Iceta deixa de bailar, dos Policías Nazis e do caso Campeón que condea a cargos de confianza de Feijoó. O resto do programa, a partires do minuto 30, é un fantástico especial Feminismo no que temos o enorme orgullo de contar…
  continue reading
 
No programa de hoxe comezamos co Tecno-Axóuxere no que falamos das propostas polémicas de Facebook, do FaceID e de Twitter. Seguimos coa xa habitual Actualidade no Axóuxere no que comentamos as declaracións homófobas do Alcalde de Valga, as supostas ameazas de asasinatos a Catalunya e as conversas entre Ignacio Gonzalez e Eduardo Zaplana. Rematamos…
  continue reading
 
Hoxe comezamos coas efémerides da semana para meternos xa de cheo na actualidade que nos rodea. Como primeira nova da Actualidade no Axóuxere comentamos a xa polémica camisola da selección española de futbol, seguimos coa intervención económica do concello de Madrid por parte do goberno do PP e rematamos a actualidade falando sobre o salario que pe…
  continue reading
 
Hoxe comezamos cunha Ollada ao pasado de dez minutos na que relatamos a resistencia galega contra os Reis Católicos. No minuto 9:30 comezamos coa sección de actualidade na que falamos do sergas e o castelán, do roubo dos franco, da Galiza colonizada e dos presos políticos no estado. Rematamos os ultimos quince minutos do programa coa nova sección "…
  continue reading
 
No programa de hoxe arrancamos a terceira tempada cun formato ben diferente ao que estamos acostumados. Anxo fala dende Outes e, a 600km, Silvia dende Madrid. Con todas as dificultades técnicas e de desenvolvemento que isto supón falamos, coma sempre, dos temas de actualidade que máis che interesan. Hoxe contamos tamén coa marabillosa voz de Agos R…
  continue reading
 
Hoxe Silvia Tuñas Añón e Anxo Núñez Fernández realizan o Axóuxere dende o Festigal en Santiago de Compostela con motivo do especial Dia da Patria Galega. Neste axóuxere dinámico e diferente aos demais falaremos cun montón de xente na rúa e contaremos tamén con diversas actuacións musicais da man de Yasmina Farhani Luaces.…
  continue reading
 
No programa de hoxe Silvia e Anxo falan de: un sinpa que fuxe do restaurante a nado; o pasaxeiro de United Airlines brutalmente agredido polo overbooking; a Escola Machista de Alcorcón; os Curas nos Hospitais do SERGAS e sobre a consolidación do mito da imposición da nosa lingua na xuventude.
  continue reading
 
No programa de hoxe Silvia e Anxo falaran de: como unha muller, despois de ser apuñalada polo seu ex, remata por casar co doutor que a tratou; da polémica de Ramón Espinar e as Coca-Colas; unha nova entrega da Telenovela chea de contido; estreamos nova sección na que falaremos de tecnoloxía e remataremos o programa falando sobre a nosa lingua nas u…
  continue reading
 
Hoxe Silvia e Anxo falarán das burlas de Paco Sanz aos seus donantes, da cárcere imposta a Karim Beldhaj por ser homosexual, do crowdfunding de Pedro Sánchez, contaremos coa entrevista da presidenta da Asociación Arelas que nos falará sobre a casuística Trans e pechamos o programa de hoxe coa pena de cárcere para a rapaza dos tweets de Carrero Blan…
  continue reading
 
No programa desta semana Silvia e Anxo falan de como o bus tránsfobo de Hazte Oír chega aos EUA e recibimos a segunda entrega da Telenovela do PSOE. Ademáis, o programa 20 de Axóuxere convértese a partires do minuto 20 no Especial Eurovisión 2017 cos nosos marabillosos convidados Bryan e Tamara!
  continue reading
 
Hoxe Silvia Tuñas Añón e Anxo Núñez Fernández falarán dos últimos temas de actualidade. No programa 19 falamos sobre: como o pequeno Nicolás pagou 6000 euros a un compañeiro para que a través dunha serie de fraudes lle fixese os exames de selectividade; Susana Díaz preséntase ás primarias do PSOE; O presidente de Turquía ve posíbeis guerras de Reli…
  continue reading
 
Hoxe Silvia Tuñas Añon e Anxo Núñez Fernández falaran como todos os venres dos últimos temas de actualidade. Neste programa tratamos a fascinante historia dunha vaca detida hai trinta anos, a denuncia por parte duns polícias ás manifestantes en folga de fame contra os feminicidios, o novo audi pagado pola deputación de Ourense á súa presidencia, a …
  continue reading
 
Hoxe Silvia Tuñas Añón e Anxo Núñez Fernández, acompañados pola sempre amiga Alba Calo, falarán dos últimos temas de actualidade, como ven sendo habitual, e poránlle un broche final ao programa cunha parola sobre libros. Tamén resaltar as nosas máis sinceras disculpas polos varios problemas técnicos que estamos a ter últimemente no programa e que x…
  continue reading
 
Silvia Tuñas Añón e Anxo Núñez Fernández falan dos últimos temas de actualidade. Hoxe falamos do día no que USA cantou o himno nazi nun partido de Tenis, a intelixencia artificial asasina de Google, o recoñecemento de dúas nais por parte da xustiza, Piewdiepie e do xuízo Noos.
  continue reading
 
Loading …

त्वरित संदर्भ मार्गदर्शिका